Convocatoria do novo curso 2023-2024
O Concello de Vigo oferta, a través da Concellería de Educación, as novas prazas para estudos musicais e artísticos na Escola municipal de música de Vigo (EMMV), Escola municipal de música tradicional e folk (E-TRAD), Escola municipal de teatro (EMT) e Escola municipal de danza (EMD) , correspondentes á programación do vindeiro curso 2023-2024.
As actividades
destas escolas van destinadas a toda a cidadanía, nenos e maiores, co fin de animar á práctica afeccionada da música e das
artes escénicas, así como á formación non
regrada previa aos estudos de carácter
profesional.
Os interesados en formar parte destas actividades poderán escoller entre as diversas
opcións que a Concellería de Educación
propón.